sábado, 30 de noviembre de 2013

CORO GALEGO DO CÍRCULO CULTURAL ABRENTE DE MOS

como gaiteiro no grupo folclórico do C.C.Abrente. 1978.

En Outubro do ano 2013 tiven a oportunidade de  empezar a dirixir un coro no círculo cultural Abrente de Mos, centro cultural onde eu de neno colaborei durante moitos anos no seu grupo folclórico e rondalla. Dende facía tempo  tiña en mente empezar con algo así e foi neste ano cando os meus desexos atoparon cun momento propicio neste lugar onde alguna xente quería tamén ter este tipo de actividade. Deste xeito preto de vinte persoas apuntáronse comigo nesta aventura que nos seus comezos  pode dicirse que está sendo un éxito xa que somos quen de estar preparando obras polifónicas con repertorios como o da Coral de Ruada cun resultado moi aceptable para levar menos de dez ensaios xuntos. O obxectivo nesta etapa é simplemente de disfrutar cantando acomodando as nosas posibilidades ás circunstancias e configuración do grupo. Despois de case trinta anos nos que apenas tiña contacto coa vecindade, volvo a recuperar por este medio una relación humana que é outra vertente non menos importante que me aportan os ensaios dos venres. Espero que sigamos disfrutando como ata agora e que podamos sentirnos moi ben co que facemos e, se cadra, facer disfrutar tamén á xente que nos queira escoitar de aquí en diante. Con este blog vou  a intentar que haxa un referente do repertorio que imos abordando de xeito que os membros do coro e quen  queira poida saber algo máis das pezas que imos ensaiando, ademáis de poder rexistrar a actividade que poida xurdir no futuro.A mín só me resta agradecer á directiva do C.C.Abrente e os membros do coro galego que confiaran en min, espero responderlle como se merecen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario