domingo, 1 de diciembre de 2013

PAXARIÑOS QUE VOADES

                                                   


Alá polo ano 1989 cando estudiaba pedagoxía musical no  Real Conservatorio superior de música de Madrid tivemos que facer algunha harmonización a pezas populares. Eu ollando os cancioneiros que tiña a man: Casto Sampedro e o de Torner  e Bal y Gay  atopei una fermosísima melodía como cantiga de berce, deste xeito comecei a facerlle unha harmonización a catro voces. Na clase de pedagoxía cantámola e o meu profesor Polo Vallejo e os compañeiros tamén opinaron que era un tema extraordinario pola súa equilibrada  e bonita melodía. Creo que dous ou tres anos máis tarde xa en Vigo usei este tema para ensaiar co coro infantil do Conservatorio Mayeusis  que eu circunstancialmente ensaiaba  agardando ó profesor titular. Este profesor titular sería o profesor lituano e gran amigo Rimas Zdanavicius quen acollería no seu propio repertorio de ensaios este tema que se chegou a cantar repetidas veces polo coro infantil desta institución da que  fun cofundador e director na década dos noventa e tamén consta no repertorio actual do Coro Apóstol Santiago de Vigo no que o profesor Zdanavicius é director titular. A verdade é que se ben a letra está incluida noutras cantigas, esta música tan fermosa non se escoita demasiado o que permite que cando alguén a coñece quede engaiolado e sorprendido por descubrir unha "nova"melodía galega pouco difundida. A peza serve de cantiga de berce, como orixinalmente está recollida, pero tamén como panxoliña, pois o neno a quen se lle canta pode aludir o neno Xesús tranquilamente. A segunda voz é aquí a voz principal sendo as demáis engadidos á melodía orixinal o que permite "premiar" ás contraltos, case sempre obrigadas a facer voces complementarias.O tono de escritura está en Sol menor pero  dependendo do coro pódese acomodar a outro tono menos agudo.

AUDIO SOPRANO
AUDIO CONTRALTO-HOMES

GRAVACIÓN XESUÍTAS  2014 VIGO (VÍDEO)

LETRA

PAXARIÑOS QUE VOADES
POLAS FOLLAS DOS LOUREIROS
DEIXADE DORMIR O NENO
QUE ESTÁ NO SONO PRIMEIRO

O MENIÑO ESTÁ NO BERCE
QUEN LLE VAI A DAR AS PAPAS
SE A TUA NAI ESTÁ NA MISA
E O TEU PAI FOISE COAS VACAS

DURME MEU MENIÑO DURME
 PORQUE TEÑO QUE FACERE
E SE NON ME DURMES PRONTO
AI ESO NON PODE SERE

PARTITURA




sábado, 30 de noviembre de 2013

CORO GALEGO DO CÍRCULO CULTURAL ABRENTE DE MOS

como gaiteiro no grupo folclórico do C.C.Abrente. 1978.

En Outubro do ano 2013 tiven a oportunidade de  empezar a dirixir un coro no círculo cultural Abrente de Mos, centro cultural onde eu de neno colaborei durante moitos anos no seu grupo folclórico e rondalla. Dende facía tempo  tiña en mente empezar con algo así e foi neste ano cando os meus desexos atoparon cun momento propicio neste lugar onde alguna xente quería tamén ter este tipo de actividade. Deste xeito preto de vinte persoas apuntáronse comigo nesta aventura que nos seus comezos  pode dicirse que está sendo un éxito xa que somos quen de estar preparando obras polifónicas con repertorios como o da Coral de Ruada cun resultado moi aceptable para levar menos de dez ensaios xuntos. O obxectivo nesta etapa é simplemente de disfrutar cantando acomodando as nosas posibilidades ás circunstancias e configuración do grupo. Despois de case trinta anos nos que apenas tiña contacto coa vecindade, volvo a recuperar por este medio una relación humana que é outra vertente non menos importante que me aportan os ensaios dos venres. Espero que sigamos disfrutando como ata agora e que podamos sentirnos moi ben co que facemos e, se cadra, facer disfrutar tamén á xente que nos queira escoitar de aquí en diante. Con este blog vou  a intentar que haxa un referente do repertorio que imos abordando de xeito que os membros do coro e quen  queira poida saber algo máis das pezas que imos ensaiando, ademáis de poder rexistrar a actividade que poida xurdir no futuro.A mín só me resta agradecer á directiva do C.C.Abrente e os membros do coro galego que confiaran en min, espero responderlle como se merecen.