Alá polo ano 1989 cando estudiaba pedagoxía musical no Real Conservatorio superior de música de Madrid tivemos que facer algunha harmonización a pezas populares. Eu ollando os cancioneiros que tiña a man: Casto Sampedro e o de Torner e Bal y Gay atopei una fermosísima melodía como cantiga de berce, deste xeito comecei a facerlle unha harmonización a catro voces. Na clase de pedagoxía cantámola e o meu profesor Polo Vallejo e os compañeiros tamén opinaron que era un tema extraordinario pola súa equilibrada e bonita melodía. Creo que dous ou tres anos máis tarde xa en Vigo usei este tema para ensaiar co coro infantil do Conservatorio Mayeusis que eu circunstancialmente ensaiaba agardando ó profesor titular. Este profesor titular sería o profesor lituano e gran amigo Rimas Zdanavicius quen acollería no seu propio repertorio de ensaios este tema que se chegou a cantar repetidas veces polo coro infantil desta institución da que fun cofundador e director na década dos noventa e tamén consta no repertorio actual do Coro Apóstol Santiago de Vigo no que o profesor Zdanavicius é director titular. A verdade é que se ben a letra está incluida noutras cantigas, esta música tan fermosa non se escoita demasiado o que permite que cando alguén a coñece quede engaiolado e sorprendido por descubrir unha "nova"melodía galega pouco difundida. A peza serve de cantiga de berce, como orixinalmente está recollida, pero tamén como panxoliña, pois o neno a quen se lle canta pode aludir o neno Xesús tranquilamente. A segunda voz é aquí a voz principal sendo as demáis engadidos á melodía orixinal o que permite "premiar" ás contraltos, case sempre obrigadas a facer voces complementarias.O tono de escritura está en Sol menor pero dependendo do coro pódese acomodar a outro tono menos agudo.
AUDIO SOPRANO
AUDIO CONTRALTO-HOMES
GRAVACIÓN XESUÍTAS 2014 VIGO (VÍDEO)
LETRA
PAXARIÑOS QUE VOADES
POLAS FOLLAS DOS LOUREIROS
DEIXADE DORMIR O NENO
QUE ESTÁ NO SONO PRIMEIRO
O MENIÑO ESTÁ NO BERCE
QUEN LLE VAI A DAR AS PAPAS
SE A TUA NAI ESTÁ NA MISA
E O TEU PAI FOISE COAS VACAS
DURME MEU MENIÑO DURME
PORQUE TEÑO QUE FACERE
E SE NON ME DURMES PRONTO
AI ESO NON PODE SERE
PARTITURA
AUDIO SOPRANO
AUDIO CONTRALTO-HOMES
GRAVACIÓN XESUÍTAS 2014 VIGO (VÍDEO)
LETRA
PAXARIÑOS QUE VOADES
POLAS FOLLAS DOS LOUREIROS
DEIXADE DORMIR O NENO
QUE ESTÁ NO SONO PRIMEIRO
O MENIÑO ESTÁ NO BERCE
QUEN LLE VAI A DAR AS PAPAS
SE A TUA NAI ESTÁ NA MISA
E O TEU PAI FOISE COAS VACAS
DURME MEU MENIÑO DURME
PORQUE TEÑO QUE FACERE
E SE NON ME DURMES PRONTO
AI ESO NON PODE SERE
PARTITURA

